O Presidente de Suplusa e Alcalde de Becerreá declarou hoxe que está disposto a asinar el mesmo as nóninas para que se lles pague aos traballadores da entidade provincial.
Segundo Martínez o Goberno da Deputación de Lugo incumpre os mandatos do Pleno que instou ao Goberno Provincial a facer un nomeamento para que os traballadores poidan cobrar as súas nóminas.
Partido Popular
O PP ven de emitir un comunicado no que lle exixe a Campos , ante a publicación no BOP das vacacións do Presidente, que “logo do anuncio da delegación da totalidade de funcións da Presidencia no Vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo debido a que o Presidente, Darío Campos, se ausentará da provincia con motivo do período vacacional entre os días 6 e 17 de agosto, o Grupo Provincial Popular esixe que o Presidente da Deputación Provincial de Lugo non se vaia de vacacións ata que os 29 traballadores e traballadoras de SUPLUSA cobren as nóminas que se lle adebedan”.
Darío Campos acusa a PP e ao Deputado non Adscrito de usar aos traballadores como reféns.
Pola súa banda o Presidente da Deputación acusou ao Partido Popular e a Manuel Martínez de utilizar aos traballadores de Suplusa como reféns para chantaxear ao Goberno da Deputación, xa que Suplusa se quere pode pagar as nóminas dos 29 empregados.