O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, instou este venres a Barreiro a explicar por que o Partido Popular non tumba o anteproxecto de lei que suprime 8 dos 9 partidos xudiciais que existen na provincia de Lugo.
Martínez fixo estas declaracións logo de que os populares se negasen a apoiar unha moción no Senado para descartar oficialmente esta iniciativa. “Se ben o PP dice que vai a rectificar as súas políticas ao respecto das taxas xudiciais, por que non fan o mesmo con este anteproxecto? Só o teñen aparcado por intereses electorais”, subliñou.
“Ao igual que Castiñeira no Parlamento galego, que non defende a dotación dos servizos sanitarios en Lugo; Barreiro tampouco defende os intereses dos lucenses no Senado. A parte de estar de turiferarios dos Presidentes, un en Santiago e outro en Madrid, deberían preocuparse algo pola provincia á que representan, posto que os votos que lles permiten estar no Senado e no Parlamento galego son os das veciñas e veciños desta provincia”, remarcou o voceiro.
Martínez destacou que “o proxecto do Partido Popular priva ao 60% dos lucenses dunha xustiza accesible, posto que os obriga a desprazarse a máis dunha hora da súa residencia, co consecuente incremento do gasto. O proxecto do Partido Popular, co que se eliminan os partidos xudiciais de Monforte de Lemos, Sarria, Mondoñedo, Viveiro, Becerreá, A Fonsagrada, Chantada e Vilalba, quedando tan só o de Lugo, favorece o desemprego e o despoboamento demográfico no rural. É un claro desprezo do PP aos lucenses que non residen na capital, a todos os que viven nos Concellos do rural”.
Doutra banda, en base a informes técnicos e xurídicos, a Xunta de Goberno resolveu desestimar os recursos de reposición presentados por Patricia Bouso García e Jacobo Francisco Vázquez, relativos ao procedemento para o alleamento das 150.000 accións da SAD CD Lugo. Tamén acordou inadmitir o incidente de recusación interposto en relación con este proceso.
Patricia Bouso presentou un recurso referido a tres cuestións: 1).- Recorreu as claúsulas 3 e 6 das bases establecidas para a enaxenación das accións, referidas á capacidade para contratar (cláusula 3) e aos criterios de adxudicación (cláusula 6).
A Xunta de Goberno desestimou esta parte do recurso por extemporáneo, xa que se presentou fóra do prazo de 1 mes legalmente establecido para poder recorrer dende que se publican as Bases. (As Bases foron publicadas o 9 de decembro do 2014 e o recurso foi presentado o 13 de febreiro do 2015. 2).-Recorreu a cláusula 12 das Bases, referida ao pago aprazado do valor das accións e cuxa modificación foi publicada o 17 de xaneiro deste ano.
A sesión desestimou esta parte do recurso porque a cláusula 12 axústase á normativa vixente, en concreto, ao artigo 134 da Lei de Patrimonio das Administracións Públicas. 3).-Pedíu a suspensión do procedemento, cuestión que se desestimou porque non se xustifican danos e prexuízos no caso de continuar o proceso, máis alá de meros desexos persoais.
En canto ao recurso presentado por Jacobo Francisco Vázquez Rodríguez, refírese, por unha banda, á cláusula 12 das Bases, relativa ao pago aprazado, que se desestimou porque se axusta á normativa vixente, e, por outra banda, pedía a suspensión do procedemento, cuestión desestimada porque non se xustifican danos e perxuízos.
En canto ao incidente de recusación, tamén interposto por Jacobo Francisco Vázquez, a Xunta de Goberno resolveu inadmitilo por “canto todos os funcionarios que interveñen neste procedemento axustan estritamente todas as súas actuacións, como non podía ser doutra forma, á defensa do interese público e ao da Deputación de Lugo, cumpren escrupulosamente coa Lei e non teñen ningún tipo de interese particular, que, nin é alegado, nin moito menos demostrado no escrito presentado”, apuntou Martínez.
A sesión aprobou a modificación no proxecto das obras na estrada LU-P-0707 de Armesto por Torés ás Nogais. Fíxoo tras recibir os informes da Confederación Hidrográfica do Cantábrico, que apuntan a necesidade de facer cambios nas actuacións de drenaxe, e que consisten na substitución das tubaxes de 600 centímetros polas de 1.800. “Aprobada esta modificación e recibidos os permisos da Xunta para levar a cabo voladuras, a semana próxima poremos retomar a execución destes traballos, incluídos no Plan de Obras e Servizos, e financiados na súa totalidade pola Deputación, con 550.000 euros, logo de que o Goberno Central suprimise a súa achega a esta programación”, apuntou o tamén Deputado de Xestión Territorial.
As obras consisten na mellora do firme, acondicionamento de curvas e incremento do ancho da calzada, pasando dos 4,30 metros aos 7,20. En total, a institución arranxa 5,5 quilómetros, concretamente, dende o punto quilométrico 0,500 ao 6. Martínez remarcou que esta vía rexistra un grande volume de usuarios, posto que fai de acceso dende Becerreá e As Nogais á A-6 e a Sarria.