Martínez negocia a incorporación de membros de UPyD en Galicia Sempre cara as municipais

A marca de Manuel Martínez, alcalde de Becerreá, que concorreá aos vindeiros comicios municipais baixo o nome de Galicia Sempre, vén de informar da posible chegada a acordos coa formación lucense de Unión Progreso y Democracia (UPyD) de cara ás municipais co fin de incluír a membros deste grupo e opcións programáticas na lista e programa do partido que encabeza o alcalde de Becerreá.

Segundo confirmou o propio Martínez, tanto el mesmo, coma o responsable de UPyD en Lugo, Agustín Gallego, acordaron que xente de UPyD se integre na lista de Galicia Sempre; aínda que non teñen precisado, polo momento, quen serán esas incorporacións. Martínez asegurou que se atopan “nun momento de debate e discusión” polo que a candidatura de Galicia Sempre ao Concello de Lugo, aínda non está pechada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com