O Deputado non Adscrito, Manuel Martínez, presentou hoxe unha moción a debater no vindeiro pleno da Deputación para solicitar que o organismo provincial asuma, nun novo convenio, o 5% dos custes dos Grupos de Emerxencias Municipais correspondentes aos concellos sede dos GES durante a duración deste novo convenio que duraría unha anualidade.
Do mesmo xeito, Martínez remite dúas preguntas ao executivo provincial, encabezado polo socialista Darío Campos, para coñecer cal foi o custe final da explotación nos catamaráns nos anos 2016, 2017 e 2018. Asemade, o becerrense asegura que, de non recibir resposta, procederá a solicitalo por vía xudicial.