Martínez pedirá en pleno que a Deputación requira ao Concello avances no Plan Paradai

O deputado non adscrito e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, vén de presentar unha moción para elevar ao vindeiro pleno da Deputación, na que solicita ao goberno de Darío Campos que lle requira ao Concello de Lugo que remitan á Xunta o Plan Parcial do Sector de Solo Urbanizable Delimitado S-13R, o documento do Plan Paradai que debería redactar a Deputación e que Suplusa enviou ao Concello de Lugo o pasado 12 de xuño.

Con este proceso poderíase axilizar parte do Plan Paradai, que o Concello ten paralizado nestes intres; e rematar os trámiter administrativos que permitan pór fin a este proxecto. Asemade, Martínez solicita que se, no prazo dun mes, o Concello de Lugo non remitira este documento ao executivo autonómico, a Deputación emprenda as accións legais precisas que permitan a execución do plan.

O documento entregado por Suplusa en Rexistro o día 12 de xuño de 2018 foi xa a terceira versión do mesmo despois de que, nun primeiro momento, unha sentenza detectara un erro que anulaba o primeiro documento e de que, tras varias reunións entre administracións, os funcionarios municipais botaran para atrás o segundo plan.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com