Martínez presentará varias preguntas ao vindeiro Pleno da Deputación

O Deputado Manuel Martínez ven de presentar unha serie de preguntas para o próximo Pleno da Deputación sobre asuntos  de SUPLUSA, da que el é máximo responsable. Algunhas xa presentadas e que non tiveron a  resposta acaída no seu día, segundo o Alcalde de Becerrea e outras que levará por primeira vez ao peno. As preguntas das que demanda contestación son: por unha banda, os catamaráns da Ribeira Sacra; Martínez quere saber sobre a explotación dos Catamarans, que “pasou de estar encomendada a SUPLUSA, a unha empresa privada. Cal foi o custe final da explotación dos Catamarans no ano 2016 e 2017?

Outra das preguntas esta relacionada coa xeración e  comercialización de enerxía  por parte de SUPLUSA, o deputado te interese en “se pode ou non intervir nos sectores da xeración e comercialización de enerxía eléctrica”, cuestión que  aprobou o pleno e do que “non se volveu saber”.

Tamén demandará Que nas convocatorias de emprego público desta Institución se eleminen das mesmas as entrevistas persoais porque “ o que resulta meridiano é que unha entrevista inclúe un alto e arriscado factor de subxetividade.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com