Martínez recolle o burofax da súa expulsión do Grupo Provincial do Psoe

Manuel Martínez, alcalde de Becerreá e deputado non adscrito, informou hoxe aos medios de comunicación de que xa recollera o primeiro burofax, enviado o pasado dez de novembro, no que se lle comunica a súa expulsión do Grupo Provincial do Psoe. Martínez indicou que “o contido non é novo, pois xa sodes coñecedores do mesmo polos asinantes, que o fixeron público antes de que eu o recollese e puidese acollerme ao dereito de presentar as alegacións oportunas”.

Asemade subliñou que “ a expulsión fixose efectiva no Pleno do pasado día 24 e tendo en conta que esta decisión depende única e exclusivamente do Grupo, confirmo que nos próximos 10 días, presentarei as alegacións ou recurso pertinente”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com