O Bloque Nacionalisto Galego ven de anunciar esta tarde que non apoiará ao candidato a presidir a Deputación de Lugo, o socialista Manuel Martínez, por mor dunha imputación de tipo administrativo aínda sen resolver.
Martínez, en declaracións a Xornal de Lugo, afirmou que “o Bloque non ten autoridade para elexir ao deputado socialista para presidir a Deputación. Eso xa o decidiron os deputados socialistas e a dirección do Partido a sabendas da miña imputación, e malia todo fun votado nunha elección democrática polo que teño toda a lexitimidade para ser Presidente da Deputación de Lugo. Se o BNG quere limpar, que limpe primeiro na súa casa, e poden empezar pola localidade de Vimianzo”.
Asemade engadiu que “non me vou deixar cazar como fixeron con López Orozco. Eu xa non estaba de acordo coa súa dimisión, polo tanto eu non son Orozco, e non penso dimitir. Esperemos que a dirección do Partido non se deixe manipular por esta xente que van agora de santos. Nós estamos dispostos a negociar co Bloque cousas como programas ou áreas, pero a pel de Manolo Martínez non está en venda. O BNG ten que decidir se quere que goberne o Partido Popular, ou seguir co bipartito, eles verán”.
Do mesmo xeito afirmou que ainda que non está dacordo coas liñas vermellas do Partido Socialista, declarou que no caso de que se lle abra xuízo oral, efectivamente presentará a súa dimisión de xeito inmediato.