O alcalde de Becerreá e deputado provincial non adscrito, Manuel Martínez, rexistrou esta mañá ante notario a marca electoral coa que concurrirá ás vindeiras eleccións municipais e coa que aspira a presentar candidatura á alcaldía de Lugo.
Fontes cercanas a este novo proxecto político confirmaron que tanto Martínez como os demáis membros do partido traballan na confección da candidatura e avanzan que, despois de contactar con varios partidos políticos, a nova marca de Martínez concurrirá en solitario. A intención dos promotores desta nova candidatura é pechar as listas en poucas semanas para ter todo listo no mes de abril.