No Pleno de Organización que se celebrou esta maña na Deputación, o PP presentou varias emendas ás propostas que fixeran os socialistas e os nacionalistas encol ás retribucións dos deputados. En ditas emendas e co voto a favor do deputado socialista e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, o BNG quedou con media dedicación na Deputación e con varios asesores fora do ente provincial.
Na proposta gobernamental os nacionalistas pedían dúas declaracións exclusivas, unha para o Vicepresidente e outra para o grupo, pero coa emenda presentada polos populares, na que se rexían polo criterio de proporcionalidade entre a asignación de dedicacións e o número de deputados, e que saiu adiante co voto a favor de Martínez, quedaron cunha e media, polo que o nacionalista, Xosé Ferreiro, quedará con media dedicación. Isto de facto implica que Ferreiro terá que delegar noutra persoa, posto que a Xunta de Galicia non admite medias dedicacións exclusivas.