Como todos os últimos xoves de mes desde hai máis de 9 anos, mañá día 26 celebrarase en Lugo unha nova edición da “Masa Crítica” (a masa crítica é un paseo colectivo e lúdico en bicicleta pola cidade reivindicando o uso da mesma como medio de transporte ecolóxico, económico, saudable e divertido, facendo da cidade un espazo máis humano, sen ruídos nin contaminación), á que están convocad@s tod@ @s ciclousuari@s lucenses.
Saída, ás 20:15 desde a Praza Maior (diante da Casa do Concello). Nun ambiente de festa e diversión (música,…) seguiran a reivindicar o uso da bicicleta como medio de transporte na cidade.