A maxia chegará a Lugo no mes de maio no festival Lugo Máxico. A concelleira de Cultura, Carmen Basadre, presentou esta mañá a décimo terceira edición da ‘Semana internacional de maxia en Lugo- Lugo Máxico’ que se celebrará entre o 1 e o 7 de maio en diferentes escolas infantís da cidade.
O programa do festival atraerá a Lugo a unha vintena de magos que realizarán máis dun cento de actividades na cidade.
Carmen Basadre fixo fincapé no éxito das anteriores edicións do Lugo Máxico e salientou que “se trata dun festival que, dende logo, está máis que consolidado”.