O tenente de alcaldesa e responsable de Medio Ambiente acompañado pola presidenta da Asociación Ayuda Alimentaria Animalista, Noelia Rodríguez, presentaron a campaña solidaria Este Nadal en Lugo, ningunha mascota sen comida, que se celebrará durante estas datas de Nadal ata Reis.
O obxectivo desta iniciativa é colaborar coas familias con menos recursos ou que atravesan unha mala situación económica co fin de que poidan alimentar os seus cans, gatos ou outros animais de compañía.
O edil pediu a colaboración da cidadanía. “Desde a concellería queremos facer un chamamento á sociedade lucense para que demostre unha vez máis a súa solidariedade, e para iso habilitamos varios puntos de recollida en establecementos ubicados en distintas zonas da cidade, que tamén colaboran neste campaña”.
Actualmente, a Asociación Ayuda Alimentaria Animalista encárganse de ofrecer un banco de alimentos para familias en risco de exclusión social con mascotas. Concretamente, o colectivo colabora con máis de 130 familias de Lugo. Tamén axudan a alimentar colonias e animais en estado de abandono.
Puntos de recollida
- Sede da Asociación Ayuda Alimentaria Animalista (xoves de 16:30 a 18:30, Rúa San Xillao, 13)
- Facultade de Veterinaria (Campus de Lugo – Avenida Carballo Calero, s/n)
- Hospital Veterinario HA (Rúa Virxe da Esperanza, 31)
- Tiendanimal (Avenida Infanta Elena, s/n – fronte ao Centro Comercial As Termas)
- Todo Campo (Avenida Benigno Rivera, 23)
- Hipermercado Eroski (Centro Comercial As Termas)
- VetLar Centro Veterinario (Rúa Concepción Arenal, 55)
- Ecolavakan Boutique Canina (Rúa Milagrosa, 58)