A concellería de Medio Ambiente do Concello de Lugo , da que é responsable Álvaro santos, ven de realizar as última plantacións que como cada ano fai en diferentes zoas axardinadas da cidade.
Autoridades municipais supervisában hoxe a ornamentación floral da Praza Maior. Uns traballos que se enmarcan dentro da campaña de primavera, que atinxe a toda a cidade. Esta actuación finaliza nunha das poucas zonas verdes coas que conta o casco histórico, no que hai uns días se reinstalou o busto do compositor Xoán Montes, nunha homenaxe ao compositor lucense deseñada polo executivo durante o mandato pasado. As tarefas, que remataron esta mesma xornada, consistiron na reposición de 3.500 plantas e flores de diferentes especies como begonias, petunias, alegrías, xeranios ou coleos.