Medio Ambiente destina un millón de euros á recuperación forestal dos Ancares

A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, supervisou esta mañá o inicio dos traballos de estabilización do chan e de retención de sedimentos nas zonas afectadas polos incendios de outubro na Reserva Natural dos Ancares, aos que a Xunta de Galicia destina máis dun millón de euros.

A directora xeral indicou unha boa parte da superficie afectada atópase en terreos de alta montaña con elevadas pendentes, polo que os traballos terán como finalidade evitar o arrastre do chan e outros restos aos cursos de auga que discorren na vaguadas. Nese sentido, indicou que os traballos para estabilizar o chan e favorecer a infiltración, limitar a escorrentía e reducir a chegada de sedimentos as canles contribuíndo o impacto na calidade da auga, faranse mediante o acolchado con mantas orgánicas de fibra de coco e o acolchado con palla de cereal.

No caso dos traballos de retención de sedimentos, construiranse barreiras de malla biodegradable de coco e palla e de biomasa forestal , nas zonas de curva instalarase este tipo de barreiras ancoradas ao chan mediante estacas e, no caso de ser necesario, estudarase a posibilidade de empregar materiais como pedras para evitar as escorrentías.

Por último, a revexetación destas zonas farase mediante o sementado manual en noiros con risco evidente de desestabilización, e de hidrosembrado en zonas de especial sensibilidade para os efectos erosivos. Asemade na Reserva Natural dos Ancares tamén se procederá á limpeza de foxos , infraestruturas de drenaxe e canles por medios manuais, coa finalidade de que as augas discorran de xeito natural, evitando a formación de novos arroios que poidan provocan arrastres prexudiciais para o medio natural.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com