Medio Ambiente estudará a creación dunha área recreativa en Mogoxe no Courel

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda analizará a posibilidade de colaborar co Concello de Folgoso do Courel na creación dunha área recreativa en Mogoxe.

 Así llo avanzou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, á alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro Ochoa, coa que mantivo unha reunión para coñecer as necesidades e as demandas deste municipio da provincia de Lugo.

 A rexedora local explicoulle á conselleira que a definición desta nova zona ao carón do río Lor consistirá na roza e limpeza do terreo e nunha limpeza e saneamento do muro de contención próximo á estrada LU-651. Sinalou que a creación desta área recreativa é unha demanda dos veciños de Folgoso, xa que este ámbito de esparcemento permitirá definir unha zona opta para o baño e de lecer, fixando ao mesmo tempo atractivo turísticos que ofrecer aos visitantes deste concello.

 Ángeles Vázquez trasladoulle á alcaldesa que a Xunta analizará a proposta presentada polo Concello, para avaliar as posibilidades de colaborar neste proxecto e definir unha vía de colaboración administrativa que permita a materialización desta nova área recreativa en Folgoso do Courel.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com