A zona do Carme amenceu con restos dun botellón, que obrigou a pór en marcha un dispositivo especial de limpeza para acondicionar o lugar. O edil da área de Medio Ambiente, fixo un chamamento ao civismo, logo de que na zona do Carme tivera lugar un botellón na pasada fin de semana, provocando danos de diversa consideración no lugar para o que foi preciso por en marcha un dispositivo especial de limpeza.
O responsable da área pediu “educación e respecto” para evitar novas situacións deste tipo e lembrou que “esta práctica está totalmente prohibida, e nun contexto de crise sanitaria coma no que nos atopamos aínda máis”. Álvaro Santos insistiu en “apelar á concienciación cidadá para evitar que no futuro se repitan este tipo de accions” e insta á cidadanía lucense e, especialmente, á mocidade, a coidar o patrimonio, xa que “estase a causar un importante dano físico nunha zona protexida da cidade, o barrio do Carme, moi próximo ao Casco Antigo e polo que pasa a Vía Romana XIX e o Camiño Primitivo”.
Para eliminar os danos ocasionados, activouse un dispositivo especial de limpeza, para poder acondicionar o lugar o máis axiña posible e evitar a mala imaxe que ocasiona para a contorna, quedando completamente acondicionado e limpo dende media mañá.