Medio Ambiente intensifica a limpeza dos parques de Frigsa e Rosalía

As tarefas, ás que en vindeiras xornadas se sumarán labores de dispersión das aves, precisaron da mobilización de catro operarios que traballaron no aseo e acondicionamento destas contornas. A área de Medio Ambiente do Concello de Lugo, intensifica estes días a limpeza dos parques Rosalía de Castro e Frigsa para minimizar as consecuencias da presenza de estorniños námbolos dous enclaves. “O posible incremento dos exemplares que se aloxan nos espazos verdes do concello, motivado fundamentalmente pola climatoloxía e outros factores ambientais, multiplicou a sucidade nestas contornas volvendo máis notorias para a cidadanía as molestias que ocasionan. Un prexuízo que estamos a combater, primeiramente reforzando as brigadas municipais que acometen o aseo dos xardíns e que, en vindeiras xornadas se complementará, á súa vez, con labores de dispersión das colonias que os habitan”, referiu Álvaro Santos.

O edil responsable de área explicou, así, que este venres concluirá a hixienización do mobiliario urbano instalado nestas zonas para a que foi preciso mobilizar a catro operarios con hidrolimpadoras, unha mangueira a presión e un camión cisterna co fn de eliminar a pegada dos paxaros.

Santos Ramos subliñou, así mesmo, que “durante o mes de agosto a empresa encargada da vixilancia e control dos estorniños na capital acrecentará os traballos para afastalos destes asentamentos, acadando a súa expulsión cara outros lugares mediante técnicas non letais como a aplicación de sons de alarma ou do voo de intimidación de aves rapaces adestradas”. Por outra banda, o concelleiro de Medio Ambiente solicitou a colaboración da veciñanza para evitar que continúe aumentado o número de pombas aloxadas na Praza Maior, á que acoden debido á concentración de numerosos locais de hostalaría nos que obteñen alimento, e pediu que, respectando o que xa contempla a propia Ordenanza de Protección e Tenza de Animais, eviten darlles comida para non xerar focos de insalubridade.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Olga Murado
    Xul 31, 2020 - 01:36 PM

    @010lugo Todas as áreas de recreo e parques teñen que ser máis que nunca un objetivo de limpieza,(ca… https://t.co/LAtnSYRfAk

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com