Medio Ambiente invirte 330.000€ na conservación e mantenemento de cauces

O Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do Cantábrico, invertirá máis de 330.000€ en actuacións de restauración hidrolóxico-forestal e mellora de conectividade nos cauces dos ríos das concas do Eo e do Navia na provincia de LugoAs obras foron presentadas esta mañá polo subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, acompañado polo presidente da Confederación Hidrográfica do Cantábrico, Ramón Álvarez Maqueda e representantes da Federación de AA.VV. “Lucus Augusti” de Lugo.

Nos ríos da demarcación hidrográfica do Cantábrico na provincia de Lugo, existen numerosos puntos onde a presenza de árbores caídos no cauce e outros obstáculos dan lugar á acumulación de arrastres, leña e ramas, provocando unha notable merma na capacidade de desaugue dos cauces. 

O obxecto dos traballos realizados é o de mellorar esa capacidade de desaugue dos cauces afectados, co fin de minimizar na medida do posible, as inundacións derivadas da presenza dos tapóns ou barreiras e os danos que estas poden xenerar. 

Estos traballos levaranse a cabo en máis de 20 km de ríos ubicados nos concellos de Baleira, Becerreá, Cervantes, Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Múñiz, As Nogais, Pedrafita, Pontenova, Ribeira de Piquín, Riotorto e Trabada

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com