Medio Ambiente presenta aos concellos do Courel as medidas contra o oso pardo

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio presentou aos alcaldes da comarca do Courel as medidas que se porán en marcha para paliar ou minimizar os danos causados polo oso pardo.

A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, -xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro- mantivo un encontro de traballo cos alcaldes de Folgoso do Courel, Quiroga, Triacastela, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro, para informarlles das medidas que se porán en marcha a cargo deste proxecto europeo, que estará coordinado pola Fundación Oso Pardo.

As medidas, que se iniciarán de inmediato, consistirán na plantación de masa arbórea e arbustos autóctonos, a recuperación de fincas para mellorar a calidade dos hábitats, a celebración de xornadas e encontros formativos para fixar unha cultura de sensibilización respecto desta especie, así como medidas de protección fronte a ataques de oso de todos os colmeas da zona de actuación.

Reiterou que o obxectivo é diminuír os posibles danos causados polo oso, polo que se  realizarán un control e estudo dos seus asentamentos e hábitats. Así, para acadar este reto, será necesario mellorar a conectividade e calidade dos espazos nos que vive o oso, especialmente, en zonas de interese, así como mellorar o coñecemento polos actores sociais, o que suporá nunha maior aceptación social.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com