O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde participou este domingo na entrega de premios do I Medio Maratón Cidade de Lugo, organizado por Grupo El Progreso e Concello de Lugo, coa colaboración do organismo provincial. O Goberno da Deputación colabora con esta cita deportiva, na que participaron máis de 700 corredores, co obxectivo de impulsar o deporte de base e fomentar unha vida saudable.
