Medio Rural do Concello conta aprobar unha licenza urbanística no rural

A Xunta de Goberno do Concello de Lugo, celebrará este luns unha sesión para axilizar a aprobación dunha licenza urbanística no lugar de Outeiro, parroquia de Santiago de Saa. “Trátase dunha autorización para unha explotación gandeira xa existente na que se quere incrementar o censo de 76 a 92 cabezas – explica Miguel Fernández – e que, tras presentarse o 30 de xullo, foi tramitada polos servizos municipais en apenas dous meses”. O proxecto, que necesitou previamente o permiso da Confederación Hidrogáfica ao estar ubicadas parte das obras en chan rústico de especial protección de aguas, abórdase nunha reunión urxente e extraordinaria para facilitar á propiedade a concorrencia a unha subvención. “Os traballos consistirán en ampliar a corte para acoller máis animais, contando con 16 novos cubículos, espazos para alimentación e exercicio ademais dunha parideira así como a construción dunha fosa de xurro”, indica o edil de Medio Rural. A intervención, que dispón dun orzamento de 82.293 euros, terá un prazo de execución de ano e medio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com