A Consellería do Medio Rural financiou a adquisición dun tractor polo Concello de Baralla destinado á prevención de incendios forestais, ao abeiro dun convenio a través do que a Xunta aportou 85.000 euros, mentres que o IVE correspondeulle á Administración municipal.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que coa adquisición desta maquinaria para a roza tratan de facilitar os traballos de limpeza de matogueira no ámbito de competencias das entidades locais. Balseiro visitou o concello acompañado polo alcalde, Manuel González Capón, entre outras persoas.
A axuda concedeuse para destinala á compra dun tractor con dous apeiros de roza, un de arrastre e outro de brazo. A Consellería asinou convenios con varios concellos galegos para sufragar a adquisición de tractores e favorecer así o cumprimento das súas obrigas en canto á execución das rozas e ó mantemento das vías municipais.