Medio Rural tramita a rexeneración do firme en varias estradas municipais

A área de Medio Rural do Concello de Lugo tramitará, antes de que remate o ano, a rexeneración do firme nunha ducia de estradas do concello, por valor de 400.000€. Así o afirmou o concelleiro, Miguel Fernández que explicou que “se trata de intervencións de mellora en vías que sofren un elevado grao de deterioro, debido á densidade de tránsito que rexistran e sobre as que resultaba imperativo actuar xa para garantir a seguridade dos residentes nos núcleos, nos seus desprazamentos pola contorna, ante as deficiencias que presentan”.

O edil referiu que, por unha banda, o seu departamento trasladou á Xunta de Goberno local desta semana a aprobación da apertura do proceso de contratación para a repavimentación da calzada que vai dende Vilanova a San Miguel, en Bóveda e Bacurín, cun custo de 91.923,72€; así como a Piugos, por valor de 86.079,40€.

“Tamén sairán a licitación os traballos na LU-P-2910 a Barbaín, cun orzamento base de 51.583,09€; na LU – 612 a Argonde, en San Xoan do Campo, por importe de 70.023,45€ e os da vía de Servizo da N-VI ao Cuco, na parroquia de Santo André de Castro, presupostada en 18.366,15€”, indicou Fernández.

O responsable de Medio Rural trasladou que, igualmente, foron adxudicadas as tarefas de pavimentación nas estradas de Pena da Mula a Pontegaos (31.579,99€), na L-546 ao límite do concello do Corgo (52.309,99€); na LU 612 ao Campo da Festa (16.919,43€) e na LU -234 dirección Concello de Outeiro de Rei (19.220,85€).

“En total, case unha ducia de actuacións, algunhas delas que se executarán de forma inminente e que, entre todas, suman un total de 418.785,22 euros. Unha partida importante que servirá para acometer obras moi necesarias e, sobre todo, moi demandadas pola veciñanza do rural e que, sumadas aos investimentos que, nesta mesma liña, vimos de facer noutros puntos do concello, contribuirán a incrementar as dotacións e a calidade dos servizos municipais”, concluíu Miguel Fernández.

Novas relacionadas

  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Dec 18, 2019 - 07:30 PM

    Menos mal que os recordad es agora. Sen tempo non é!! E agora costará o triplo amañalas, cando se se lle fixese un mantenemento no seu mometo, non faría falta meterse a tal obra. Pero como os cartos non son vosos que máis os da!

    Reply
  2. Mari Dominguez
    Dec 18, 2019 - 02:05 PM

    Xa toca veñen as eleccions autonómicas

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com