Medra o dispositivo de seguridade do Arde Lucus ao incorporar a festa un día máis

O concello reforzará a seguridade nas festas do Arde lucus cun total de entre 25 e 30 policías por turno ao incorporaren este ano os festexos un día máis. Asegurouno esta mañá a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, tras presidir xunto do subdelegado do Goberno na provincia, Ramón Carballo, a xunta local de seguridade previa ás celebracións.

O obxectivo deste encontro foi establecer as formas e os procedementos necesarios para conseguir unha coordinación eficaz entre as distintas forzas e corpos de seguridade para que os diversos actos programados, máis de 400, discorran sen ningún tipo de incidentes. Nos vindeiros días celebranse distintas reunións técnicas entre as diferentes forzas de seguridade.

Ademais do aumento no número de efectivos policiais, o corpo de bombeiros disporá dunha dotación avanzada no centro da cidade, polas inmediacións da Praza Maior, todos os días da festa, reforzando o servizo diario con 6 bombeiros. Tamén estará presente unha ambulancia e repartíronse preto de 60 extintores en todas as zonas onde se desenvolven estes festexos, cos que o Concello agarda concentrar na cidade máis de 600.000 persoas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com