Meira expón xa as 32 fotografías de ‘Imaxes do Nadal’

A Casa da Cultura de Meira abriu onte as súas portas á exposición Imaxes do Nadal composta por 32 obras de nove fotógrafos membros do Grupo Fotocinematografico Fonmiñá de Lugo.

A mostra, organizada polo Centro cultural José Dominguez Guizán de Begonte, entidade promotora do Belén electrónico begontino, ten carácter itinerante e este Nadal ademais de Meira visitará a Biblioteca de Castro Ribeiras de Lea e o Centro sociocultural de Friol.

Está composta por 32 fotografías con imaxes do Nafdal desdre as máis diversas perspectivas, xa que para cada fotógrafo e mesmo para quen contempla as fotografías, o tempo de O Nadal supón algo diferente, marcado polas crenzas, experiencias, observacions… sendo esta exposición unha boa ocasión para ampliar a visión sobre este tempo tan especial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com