Mellor cobertura de móbil no rural do Concello de Lugo

A Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), continúa cos traballos para mellorar a cobertura móbil no rural do concello de Lugo. O delegado territorial, Javier Arias, visitou a parroquia de Gondar, onde esta mañá rematou a instalación da torre que dará servizo á zona oeste do municipio.

A Xunta instalará proximamente outras dúas torres no municipio de Lugo, concretamente nas parroquias de San Pedro de Mera e Santa María Alta, para dar cobertura aos núcleos de Bacurín, Carricova, O Burgo, Hospital, San Pedro de Abaixo, San Pedro de Arriba, Cabanas, Alta, Locai, Marcoi, Riobó, Vilariño e Torible. O Goberno autonómico destinará ás tres instalacións preto de 700.000 euros.

Nos vindeiros días, Amtega iniciará tamén os traballos para mellorar a cobertura móbil en núcleos rurais de Vilalba, Mondoñedo e Láncara.

A construción destas torres en núcleos do rural de toda a comunidade forma parte dunha actuación da Xunta complementaria aos compromisos do Estado, que é quen ten as competencias en telecomunicacións.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com