A gastronomía é unha das pedras angulares do turismo dentro do Concello de Lugo, de aí o xa tradicional ‘…E para comer, Lugo’. Con esta filosofía arranca este xoves a XIII edición do Concurso de Tapas que organiza a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) e que contará con 40 establecementos participantes.
Así o presentou esta mañá Cheché Real, o presidente da APEHL xunto coa Concelleira de Cultura e Turismo, Carme Basadre e o Deputado de Relacións Institucionais e Patrón da Fundación TIC, Álvaro Santos Ramos, nun acto no que deron a coñecer as principais novidades desta edición.
O concurso desenrolarase do 1 ao 17 de setembro, pero arrancará o 31 ás 23.30 horas no Mesón Colón, gañador da pasada edición do concurso. Os consumidores poderán acudir aos establecementos participantes e solicitar a cartilla do concurso, nela terán que selar nos propios establecementos as tapas consumidas e votalas cunha puntuación entre 1 e 5. Todos os cupóns dos comensais entrarán no sorteo de distintos premios entre os que destacan una viaxe dunha semana para dúas persoas (para aqueles que percorran os 40 establecementos) e una fin de semana nunha cidade europea tamén para dúas persoas, se catan vinte tapas.
A pesar de que serán os propios clientes quen decidirán o gañador do concurso, dentro dos doce finalistas habera tres premios que serán outorgados por un xurado técnico e que representarán á cidade en diferentes actos.
A cita gastronómica ademáis volve a ser, un ano máis, unha cita solidaria na que se recadarán fondos destinados ao Banco de Alimentos a través das huchas donadas polo C.R.D.O. Ribeira Sacra.
A Deputación, colabora activamente nesta cita a través da Fundación TIC, difundindo polas redes sociais toda a información necesaria para atraer ao público e, en palabras de Santos Ramos, “vehiculizar a gastronomía da nosa cidade”.