O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, visitou este xoves as obras que se están a levar a cabo para a instalación de 9 puntos de luz co fin de mellorar a iluminación pública no núcleo de Airexe, pertencente á parroquia de Esperante. Deste xeito, o Concello inviste preto de 7.000 euros en realizar estas obras, que se suman a outras que xa se levan realizado coa finalidade de dotar de iluminación a distintas zonas de moito tránsito veciñal.
“Estas actuacións dan resposta ás peticións veciñais nos orzamentos participativos e enmárcanse na decidida aposta do Concello polo rural, que representa o 80% do territorio do municipio, ademais de fixar poboación e mellorar a calidade de vida e os servizos dos seus veciños”, subliñou Fernández.