Melloras na estrada entre Sarria e Paradela

A Deputación de Lugo vén de iniciar obras de mellora da estrada provincial LU-P-5709, entre os concellos de Sarria e Paradela, cun investimento que se achega aos 260.000€. afectan a cinco quilómetros de vía, entre os punto quilométrico 5,9 ao 10,7.

Os traballos, que teñen un prazo de execución de 2 meses dende esta mesma semana,  inclúen a limpeza de laterais da vía, obras de drenaxe, a extensión de aglomerado en quente e a sinalización horizontal e vertical.

Con este proxecto, a estrada que une Sarria e Paradela, dende a parroquia de Santa María a Castro de Rei de Lemos por Vilamaior, verá aumentada a súa seguridade e comodidade. En total esta vía conta con máis de 14 quilómetros, dos que 3,9 son no Concello de Paradela e 10,3 pertencen a Sarria.

O pasado verán levouse a cabo outra actuación nesta mesma estrada á altura do quilómetro 8,140, que permitiu renovar cun orzamento de 20.000€ a drenaxe existente neste punto, executando unha estrutura que serviu para canalizar a auga do Rego do Barcelo co fin de evitar filtracións de auga na calzada.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com