As portas das piscinas exteriores de Frigsa abrirán este luns, día 1 de xullo, con melloras nas súas instalacións. Ademais das labores de limpeza xeral das dependencias, incluídos os almacéns e os tragaluces, os operarios procederon á reparación e encintado de laxas da praia perimetral dos tres vasos e ao pintado das varandas de exteriores. Tamén se procedeu ao pintado das portas en xeral e de paramentos verticais, así como á posta ao día dunha nova dependencia como enfermaría e zona de SOS, execucións estas últimas desenvolvidas, ademais, co traballo de tres persoas a través de programas de inserción social.
Outras execucións foron a instalación dun novo depósito de gran capacidade de cloro e a mellora do sistema de depuración co apontoamento de diferentes elementos e a substitución de tubaxes e pezas defectuosas. Así mesmo, procedeuse á automatización da dosificación de produtos químicos no tres vasos coa instalación de dous vixiantes dixitais e un automático de pastillas.
O horario das piscinas será de 12.00 ás 20.00 horas, e este ano contarán con 5 socorristas.