Mozas e mozos de Novas Xeracións do Partido Popular en Lugo, encabezada polo seu presidente, Daniel Vega e o presidente de Novas Xeracións de Galicia, Diego Gago, visitaron a Gandería Casa Anxel no Concello da Pastoriza.
As mocidades populares comprobaron de primeira man o traballo que está a realizar esta gandería, onde non só se produce o leite, senón que tamén se transforma e se comercializa, rematando así a cadea de produción.
O presidente provincial da organización político-xuvenil aposta dunha maneira clara e decidida pola gandería e agricultura, destacando “a vital importancia deste sector para o conxunto da sociedade e economía da provincia de Lugo”. Vega aproveitou esta visita para lanzar a seguinte mensaxe, poñendo de exemplo á Gandería Casa Anxel, “o gandeiro non pode ser empresario só ata o tanque de leite, ten que crer tamén na transformación e comercialización do produto, para non ser simples asalariados da industria”.
Pola súa banda, o presidente de Novas Xeracións de Galicia aproveitou esta xornada para por en valor e defender ao sector leiteiro nun momento de verdadeiras dificultades para o mesmo, e quixo manifestar “a súa solidariedade pola loita cara un prezo sostible do leite no tempo”.