Méndez asina o pago das primeiras facturas de 2021 con reparos de legalidade

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, desvelou esta mañá que o goberno de Lara Méndez tivo que asinar xa os primeiros levantamentos de facturas con reparos de legalidade deste 2021. Segundo asegura o popular o Goberno local continúa, di, encallado na política económica de manter servizos co contrato caducado ou sen el.

Ramón Carballo explica que apareceu un decreto con facturas que tiñan reparos de intervención, polo que a alcaldesa tivo que levantar estes reparos e autorizar directamente o pago das facturas, que ascenden a un total de máis de 156 mil euros. O popular lembra que durante o ano 2020 o Concello de Lugo desbloqueou o pago de máis de 34 millóns e medio de euros en facturas con reparos de legalidade.

Unha situación á que nas vindeiras semanas tamén haberá que engadir “unha fórmula extraordinaria que Lara Méndez xa instaurou como ordinaria” no funcionamento do Concello de Lugo, como son os recoñecementos extraxudiciais de crédito que elevan aos plenos. “O raro é que no do mes de xaneiro non empregan esta fórmula, a primeira ocasión en moitos meses, pero non ten pinta de que vaia a durar moito e nos tememos que en febreiro volvan a facer habitual algo que tería que ser unha ferramenta ocasional”, sinalou.

Ramón Carballo insiste na necesidade de devolver á legalidade todos aqueles servizos que se atopan co contrato caducado ou sen contrato, xa que, segundo recoñecen dende a intervención municipal en varios informes, estes pagamentos derivan da prestación de servizos efectuadas sen soporte contractual que os ampare en función da súa natureza, informes nos que se sinalaba que se efectuaban os reparos “ben porque tivera finalizado a vixencia dos respectivos contratos sen terse iniciado o expediente de novas licitacións, permitindo a continuidade das prestacións en precario e coa natureza da prórroga consentida sen cobertura contractua”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com