Trala entrevista ao exedil titular de Urbanismo no Concello de Lugo, Miguel Couto unha especie de terremoto azoutou ao Concello de Lugo criticando, por parte da oposición do Goberno local, as formas de traballar deste servicio comezando pola permisividade da rexedora da cidade Lara Méndez.
Así a alcaldesa asegurou onte que os problemas de Urbanismo no Concello eran consecuencia das Elimitacións impostas polo Goberno de Mariano Rajoy” á contratación de persoal.
Asemade, logo de que os populares pediran onte á rexedora que realizara unha auditoría externa para analizar a situación real do departamento, a rexedora criticou o que tildou de irresponsabilidade dos populares que, segundo ela, deberían poñer solucións cando gobernan e non, dende a oposición. Así as cousas, a rexedora asegurou que trata de corrixir esta situación.
Unhas declaracións da rexedora que non tardaron en rebatir dende o Grupo Popular. O seu vicevoceiro, Antonio Ameijide, cualificaba de “ridícula” á alcaldesa de Lugo polas súas “esperpéticas excusas” á hora de explicar os motivos do bloqueo que sofre o urbanismo en Lugo.
Os populares queren que Lara Méndez responda “se logo é culpa do PP que non se firmen licenzas do rural que levan 2 anos enrriba da mesa, ou se tamén é culpable o PP de que os expedientes da zona urbana estén en urbanismo unha media dun ano sen resolver, ou se o PP é quen frea durante máis de cato anos unha petición de obra”.
Antonio Ameijide di que a burocratización e falta de persoal é “unha excusa pouco crible” xa que como Lara Méndez recoñece “agora hai 5 arquitectos cando antes había 3, o que supón que falta a dirección política”. De feito, segundo resalta o popular “o seu ex concelleiro recoñecía que o problema era a falta de decisión por parte da alcaldía”.
Para os populares a reacción de Lara Méndez a esta “crise endémica” do urbanismo de Lugo “é unha fuxida cara adiante xa que despois de 22 anos de gobernos do PSOE e seis con ela ao fronte é absurdo que Lara Méndez bote balóns fóra e culpe a Mariano Rajoy dos despropósitos de urbanismo”. “Esta disculpa non a cre nin ela mesma”, matizou.
Abr 20, 2021 - 04:27 PM
Esta mujer es como un bebé de un año… nunca tiene la culpa de nada…