A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto ao rexedor da localidade portuguesa de Tábua, Mario Loureiro, ofreceron este venres no Salón de Plenos unha recepción aos 30 mozos e mozas de Lugo, Portugal, Italia e Francia que participan no Keep Moving!, o novo programa que conseguiu o Concello a través do Erasmus+, que busca dar voz á
xuventude europea, coñecer de primeira man a súa realidade e intercambiar coñecementos para buscar solucións conxuntas e innovadoras aos seus problemas: o paro e a desigualdade.
A rexedora destacou que “a xuventude é o principal capital humano que temos”, polo que “as institucións debemos escoitar as súas inquedanzas e opinións e ter en conta as súas achegas no deseño das políticas locais para atallar os seus problemas”, facendo neste senso fincapé no desemprego xuvenil, que en Galicia alcanza unha taxa do 35%.
“Non podemos perder unha xeración porque iso lastraranos como sociedade durante moito tempo”, asegurou Méndez, que desexou aos participantes no Keep Moving! que das xornadas de traballo que iniciaron o luns e rematarán mañá “fructifiquen conclusións proveitosas”. No acto tamén participaron a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e outros membros da Corporación municipal. O programa Keep Moving! está impulsado polo Concello de Lugo e conta coa participación do municipio de Tábua (Portugal), Reti Educare ai Diritti Umani de Follonica (Italia) e Intercultura de Francia.
O encontro do Keep Moving! inclúe ata mañá unha serie de debates sobre o emprego e a inclusión, abordada dende distintas perspectivas: a evolución dos perfís profesionais, como desenvolver talentos, novas oportunidades dixitais no emprego e autoemprego, a creatividade, a