Méndez e Campos entregan o premio ao gañador desta etapa da Vuelta

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, e a alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez López, participaron este mércores na entrega do premio a Gianni Meersman, vencedor da 5ª etapa daVuelta Ciclista a España, cun tempo de 4º 16’ 42’’.

Os corredores arrancaron esta quinta etapa, composta por máis de 170 quilómetros, ás 13:10 horas dende Viveiro e continuou polos Concellos de Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros, Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Riotorto, Meira, Pol, Castro de Rei e Lugo. Os ciclistas do pelotón atravesaron paraxes naturais lucenses como o lago de Cospeito, Castro de Viladonga, o Convento de Santa María ou a Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras de Burón.

O presidente da Deputación subliñou que a volta será unha oportunidade para a provincia, tanto a nivel económico, pois xera riqueza; así como turístico, dando a coñecer o grande patrimonio paisaxístico, arqueolóxico, cultural, artístico ou gastronómico. Cómpre salientar que esta cita deportiva move a máis de 20.000 espectadores de media por etapa e congrega a máis de 1.400 xornalistas de lugares como Alemaña, Arxentina, Australia, Bélxica, Brasil, Camerún, Canadá, Colombia ou Costa Rica, entre moitos outros.

A sexta etapa arrinca mañá dende o Concello de Monforte de Lemos ás 13:30 horas. De seguido, o pelotón atravesará os municipios de A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Bóveda e Sober. Son un total de 163 quilómetros catalogados pola organización como “media montaña”, nos que os deportistas poderán observar, entre outros, a Ribeira Sacra e a viticultura heroica, o Mosteiro de Ferreira de Pantón, ou os Canons Miño e Sil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com