“Dende hoxe, enfrontamos grandes retos, como situar a Lugo nos mellores estándares de calidade de vida”. Con estas palabras se dirixía a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a toda á xente que foi presenciar a constitución do novo Goberno Municipal da cidade así como a súa investidura.
Tras xurar e prometer lealdade ao Concello e á Coroa, os 25 edís que formarán á nova corporación; Antonio Ameijide, como membro máis novo do salón plenario, e Miguel Fernández, como membro de máis idade, deron paso ás votacións, segredas e a sobre pechado, do que será dirixente da cidade nos vindeiros 4 anos. Como xa se esperaba, os 8 edís socialistas e os 5 nacionalistas, deron o seu apoio a Lara Méndez, conseguindo así a maioría dos votos, o que a investiría como alcaldesa.
No seu discurso, á rexedora non lle faltaron palabras de agradecemento para a anterior corporación e, de ánimo, para os compañeiros que estarán con ela, incluido o BNG.
Entre as promesas de investidura, Lara Méndez, resaltou a importancia de coidar os espazos públicos, para crear un “Lugo moito más rico”, e manter un diálogo permanente coa cidadanía, para “non esquecer que somos un cidadán más”.
“Enfrontámonos a grandes retos, como situar a Lugo nos mellores estándares de calidade de vida”, construír un municipio “8-80, no que os máis novos non teñan que emigrar por falta de oportunidades vitais, e para os nosos maiores, para que non se sintan sos, na súa casa”.
Sostenibilidade, mobilidade e cidadanía, foron os tres piares básicos do discurso da rexedora, quen destacou a importancia de converter a Lugo “en referente dunha nova economía, onde o rural sexa a base”.
Xuñ 15, 2019 - 02:28 PM
O timo das festas ludicas