Méndez pide unha Unión Europea “máis libre e solidaria” no Día de Europa

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, pediu esta mañá unha Unión Europea “máis concienciada, máis solidaria e máis libre” no marco dos actos organizados para a celebración do Día de Europa.

A rexedora deu lectura dun manifesto na Praza Maior no que fixo fincapé na conmemoración deste día, “posto que no Concello compartimos os valores polos que foi creados a Unión Europea, valores de liberdade, democracia, igualdade, respecto e dereitos humanos, valores aos que ningún país da Unión Europea debera renunciar”.

Con todo, Méndez tamén lamentou “a perda do valor da solidariedade”. “Europa está sumerxida nunha crise multisectoiral que perxudica ao desenvolvemento de calquera sistema”, avanzou Lara Méndez, quen se referiu á crise humanitaria que vive nestes intres a Eurozona coa chegada de miles de refuxiados da guerra de Siria. “Os cidadáns debemos e temos que ser críticos coa Unión Europea cando se equivoca na toma de decisións ou cando non é suficientemente áxil nas mesmas”, asegurou a alcaldesa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com