Méndez subliña as reivindicacións de Clara Campoamor nos premios Entre Iguais

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, entregaron esta mañá no Salón de Plenos os premios da sétima edición do Certame de Narrativa Entre Iguais,  organizado polo Concello para loitar pola igualdade entre mulleres e homes e contra a violencia machista a través da sensibilización dos mozos e mozas.

No acto, a rexedora subliñou a vixencia dunha reivindicación de Clara Campoamor, cando se vén de cumprir este pasado luns o 130 aniversario do seu nacemento: “Non se pode construír unha democracia sen a metade da cidadanía”. Fíxoo para poñer de manifesto que, aínda estando no século XXI e tendo acadado avances en favor da igualdade real entre mulleres e homes, “queda moito por facer. De aí a importancia de todas as iniciativas que, coma esta, impulsamos dende o Concello en favor da igualdade”. Neste senso, subliñou tamén o traballo que desenvolve a Casa a Muller, un servizo gratuíto que atendeu o pasado ano a unhas 250 mulleres e preto de 3.000 consultas.

Méndez subliñou que hai “moitos datos que nos indican que falta moito por avanzar”, aludindo á violencia machista, que na última década asasinou a máis de 580 mulleres, e á brecha salarial entre mulleres e homes, de máis de case 400€ ao mes, ou ao propio linguaxe “sexista e denigrante” que se usa a día de hoxe, poñendo como exemplo a quinta acepción da palabra fácil no diccionario da Real Academia da Lingua Española: “Dito especialmente dunha muller: Que se presta sen problemas a manter relacións sexuais”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com