A titular do Xulgado de Menores de Lugo acordou hoxe o internamento en réxime pechado nun centro de menores do rapaz de 17 anos detido onte como presunto autor da morte da súa nai.
Así o confirmou o xulgado logo de que hoxe fose posto a disposición xudicial o menor. Menores solicitou esta medida cautelar tras tomarlle declaración ao rapaz que permanecía nos calabozos da Garda Civil de Burela dende o seu arresto no día de onte.
Axentes da investigación confirman que o menor investigado non confesou nada á Garda Civil xa que, este corpo non o pode interrogar por ser menor de idade. O corpo sen vida da vítima, con varias feridas de arma branca, foi levado ao Hula no que se lle practicou a autopsia.