O Concello de Mondoñedo resolverá o luns na Xunta de Goberno local a comunicación previa de inicio de actividade que vén de solicitar Mensajeros de la Paz para a posta en marcha da unidade de alzhéimer da localidade que se vai emprazar na residencia da terceira idade e centro de día da Rúa José María Pardo.
As obras de acondicionamento e adecuación do centro de día para enfermos de Alzhéimer San Rafael ascenden a 49.395 euros.
A apertura do novo centro suporá a creación de sete postos de traballo: un psicólogo, cinco auxiliares xerocultores, un terapeuta ocupacional e un técnico en actividades socioculturais. Na actualidade o Centro de Día ten empregados a cinco traballadores.
A nova unidade de Alzhéimer do centro terá 15 prazas, que se sumarán ás 40 do centro de día.