Merca e Gaña polo Nadal recada 1,9 millóns no comercio da provincia

O Voceiro da Deputación, Álvaro Santos Ramos, asistiu xunto coa Concelleira de Lugo, Ana Abelleira; o Presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas López, e o director territorial de ABANCA en Lugo, Javier Soto Garrido, ao sorteo celebrado ante notario esta mañá no Pazo de San Marcos para coñecer os gañadores da campaña Merca e Gaña polo Nadal.

Alí, Santos Ramos informou da alta participación de persoas, un total de 31.500, que realizaron outras tantas compras nos distintos establecementos da capital lucense e en 40 Concellos da provincia, o que supuxo uns beneficios de 1,9 millóns de euros. Os premios, que se entregarán publicamente o 18 de xaneiro nun acto que terá lugar no Vello Cárcere, son para investir no comercio local da provincia con novas compras.

Santos Ramos subliñou que “nesta anualidade aumentou a participación no Merca e Gaña polo Nadal un 15%, pasando dos 27.000 usuarios rexistrados o ano pasado, aos 31.500 desta campaña. Estas compras realizadas na provincia de Lugo teñen un valor estimado de 1,9 millóns de euros, un 18% máis que en 2018, cando se rexistraron vendas dun total de 1,6 millóns. Estas son cifras que avalan a necesidade de que dende as administracións públicas, en colaboración coas distintas federacións, continuemos a desenvolver medidas coas que fomentar as compras no comercio local”.

“Dende o Goberno da Deputación, estamos comprometidos coa promoción do comercio de proximidade e a actividade dos establecementos a pe de rúa, que é un dos piares fundamentais da economía de toda a provincia, sobre todo durante estas datas de Nadal. As compras nestes días supoñen máis do 25 por cento das vendas anuais. Por iso, entre  as medidas do Goberno da Deputación para contribuír ao impulso do pequeno comercio, e en colaboración coa Federación de Comercio, creáronse sinerxías con ocio, mediante unha atractiva oferta de actividades para nenos e espectáculos de entretemento complementarios, como foron as animacións na rúa e obradoiros. Así construímos espazos amables e social, ambiental e economicamente atractivos”, destacou.

Merca e gaña polo Nadal consistiu nunha campaña de sensibilización e promoción das compras no pequeno comercio, que puxo en marcha a Deputación, a través da Federación de Comercio de Lugo, en colaboración cos distintos Concellos da provincia. Trátase dunha iniciativa anual coa que se busca incentivar as compras nos establecementos da provincia, ofrecendo 40 premios por valor de 10.000 euros, para seren reinvestidos nos propios comercios da zona. A campaña deste ano desenvolveuse dende o 6 de decembro de 2018 ata o 6 de xaneiro de 2019.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Denuncia Lugo
    Xan 12, 2019 - 06:16 PM

    jajajajaj unha campaña na que se falabas con calquera tenda dicían que estaba mal organizada que iles… https://t.co/lQX9bdxXhe

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com