Microefectos Dramatúrxicos estrea catro pezas inéditas no Club Clavicémbalo

Como cada primeiro xoves e venres de mes, Os Microefectos Dramatúrxicos voltan ao Clube Clavicémbalo en sesión de tarde e noite. O colectivo pon en escena pezas teatrais de 15 minutos de duración máxima que nos contan historias da vida mesma para rir, chorar ou o que sexa, cunha escrita directa e actual, que cada mes prácticamente completa o aforo do Clavi. Todas as obras son estreas escritas, dirixidas e interpretadas polos diferentes membros do grupo, nun intento de fomentar a dramaturxia propia.

Os diferentes pases terán lugar mañá xoves día 5 e venres 6 de novembro cos seguintes horarios: xoves 20:30 e 22:30 e venres 20:30.

PEZAS

Ás veces escoito voces: escribe e dirixe Conchi Madrina. Interpretan: Anxo Manoel e Conchi Madrina.

Biografías imposibles: 15 minutos con Freud. Escribe e dirixe Isa Herrero. Interpretan Brian Rodríguez e Rubén Pérez.

Frank: dirixe e escribe Germán Frasio e Brian Rodríguez. Interpretan Germán Frasio, Brian Rodríguez e Elvira Velasco.

Extrarradio familiar: escribe e dirixe Brian Rodríguez. Interpretan Germán Frasio, Isa Herrero, María Grandío e Anxo Manoel

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com