Microefectos Dramatúrxicos estrean catro pezas de microteatro no Clube Clavicémbalo

Como cada primeiro xoves e venres de mes, Os Microefectos Dramatúrxicos voltan ao Clube Clavicémbalo en sesión de tarde e noite. O colectivo pon en escena pezas teatrais de 15 minutos de duración máxima que nos contan historias da vida mesma, para rir, chorar ou o que sexa, cunha escrita directa e actual, que cada mes prácticamente completa o aforo do Clavi.

Case todas as obras son estreas escritas, dirixidas e interpretadas polos diferentes membros do grupo. Os diferentes pases terán lugar os días 1 e 2 de outubro do 2015 cos seguintes horarios: xoves 20:30 e 22:30 e venres 20:30.

PEZAS:

Fuga dos heroes: escribe e dirixe María Grandío. Interpretan: Brian Rodríguez, Germán Frasio e Conchi Madrina.

Biografías imposibles: Robert Prosinecki. Escribe e dirixe Anxo Manoel. Interpretan Anxo Manoel, Isa Herrero e Rubén Pérez

Paus de cego: dirixe Rubén Pérez. Interpretan Elvira Velasco e Brian Rodríguez.

Fronteras: escribe e dirixe Elvira Velasco. Interpretan Brian Rodríguez, Elvira Velasco, María Grandío e Germán Frasio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com