Miguel Blanco recoñece o compromiso do INICO coa calidade de vida das persoas con DCA

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) decidiu entregar o 6º Premio FEGADACE – Miguel Blanco ao Instituto Universitario de Integración na Comunidade (INICO), da Universidade de Salamanca, polo seu compromiso coa “mellora da calidade de vida e autodeterminación das persoas con dano cerebral adquirido (DCA) ao longo de todo o seu ciclo vital”.

FEGADACE realiza este anuncio coincidindo coa conmemoración do Día Mundial do Cerebro este domingo, 22 de xullo. A Federación Mundial de Neuroloxía dedica a efeméride á contaminación como factor de risco de doenzas cerebrovasculares, como o ictus.

O INICO é un organismo dependente da Universidade de Salamanca, fundado en 1996, que ten como finalidade a realización de accións de investigación, formación especializada e asesoramento encamiñadas a potenciar, facilitar e mellorar as condicións de vida das persoas en situación de desvantaxe social. Nomeadamente, poñen o foco na discapacidade, diversidade e inclusión social, buscando solucións, promovendo a participación e potenciando as capacidades das persoas destinatarias das súas accións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com