Miguel Fernández converteuse esta tarde no oitavo alcalde de Lugo da democracia, co apoio dos sete compañeiros de partido e cinco do BNG, nun pleno que arrincou cun minuto de silencio no recordo de Paula Alvarellos. O partido popular votou en branco.
Fernández moi emocionado dixo no seu discurso sentirse moi feliz e triste ao mesmo tempo pola ausencia da alcaldesa Paula Alvarellos. Tamén deu as grazas a López Orozco quen segundo recordou, “pediume o DNI e o meteu nas listas das eleccións municipais”.
No pleno, ademais dos 25 representantes da corporación estiveron presentes Lara Méndez, José Ramón Gómez Besteiro, o Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, José Tomé, o Delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, José López Orozco, ademais de familiares e representantes de institucións e colectivos da cidade.