Miñones sobre Alcoa: “A Sepi non queda á marxe: está máis implicada que nunca”

O Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, asegurou hoxe que a  SEPI (Sociedade Estatal de Participacións Industriais) “está máis implicada que nunca” no que ten que ver coa factoría de Alcoa en San Cibrao. Así o declarou Javier Miñones, ante os medios de comunicación na súa visita á finalización das obras do novo Centro de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS) de Viveiro.

Na Mariña o Delegado anunciou que a Ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, reunirase coa representación da plantilla de traballadores próximamente. “A ministra aceptará porque sempre estivo ao lado dos traballadores, sempre atendeu ao colectivo e, polo tanto, podo asegurar que imos ter esa reunión que están pedindo”, asegurou  Miñones.

“A Sepi non que á marxe senón ao contrario: está máis implicada que nunca”, expresou o Delegado que resaltou tamén que “o que non pode facer a Sepi é ser o refuxio dunha empresa que está xogando co emprego de moitas familias e que quere aproveitarse, ademáis, da boa vontade e do esforzo que estamos tendo as administracións”.

No tocante á situación actual, Miñones pediu a Alcoa que garanta o futuro ou que venda para poder manter o emprego. “Imos estar ao lado dos traballadores, imos defender a actividade industrial e a Sepi vai estar aí para axudar, para colaborar, para acompañar e apra mediar. Pero está claro que hai empresas que están interesadas na compra e Alcoa o que ten que facer é seguir cun proxecto industrial que sexa solvente ou vender e marchar e non enredar máis”, concluído.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com