Mobilidade avanza na transformación da Ronda da Muralla entre as rúas Santiago e Vilalba

A área de Mobilidade do Concello de Lugo informou esta mañá dos avances realizados no proxecto de transformación da Ronda da Muralla, no percorrido entre a rúa Santiago e a rúa Vilalba. “Trátase dunha zona situada a carón da muralla que case non tiña beirarrúa, e na que os vehículos pasaban pegados ao monumento na que realizamos unha intervención temporal no 2020, anulando un carril de circulación ao tráfico rodado, aumentando o espazo peonil arredor do monumento”, declarou o edil titular de esta área.

O Concello vén de recibir a aprobación da Dirección Xeral de Patrimonio o que, segundo o titular de Mobilidade “permitirá avanzar no procedemento de contratación desta actuación”. A transformación deste treito da Ronda sairá a licitación cun orzamento base de 575.990,77€, e un prazo de realización de 6 meses. “Unha vez rematen esta actuación e a peonalización do treito da Mosqueira, a veciñanza de Lugo contará coa totalidade da zona sur da Muralla humanizada”, explicou o edil nacionalista.

O alumeado deste treito consistirá en 9 luminarias LED tipo RGB, que permitirán unha iluminación ás distintas horas e á luminosidade do día. O alumeado permitirá variar a luminosidade do monumento segundo a hora do día, mostrando luces de tonalidade cálida na noite e luz fría durante as mañás

En canto á circulación do tráfico, a área de Mobilidade avanzou que “os vehículos  contarán con maior fluidez, xa que se modificará o cruce da Ronda da Muralla coa rúa Santiago”. O cruce pasará de ter o actual semáforo de 3 tempos a contar con preferencia no tráfico que circule pola Ronda, tendo un Ceda o Paso os vehículos que se acheguen pola rúa Santiago.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com