Mobilizacións en contra das concentracións de consultas médicas do termino municipal de Lugo en Fingoi

Como anunciamos en datas pasadas, a Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo e a Plataforma en Defensa da Sanidade e Especialidades do Hula, iniciará o vindeiro sábado día 17 de Outubro de 2020 ás 12 da mañá. Esta será a primeira destas mobilizacións previstas na contorna do Centro de Saude Sacro Corazón, situado no barrio do mesmo nome, (Se as normas sanitarias o permíten), en contra da nefasta e absurda decisión da EOXI de Lugo e do Sergas de situar a prestación médica dos sábados que habitualmente se prestaba nos distintos centros da capital no Centro de Saude de Fingoy, onde din acudirán todos os médicos dos distintos centros, como ven a absurda decisión provoca graves molestias de distinta índole aos usuarios que precisen atención, desprazamentos innecesarios fóra da súa zona, uso de vehículos para desprazamento con parada nun só punto (problemas de aparcamento), necesidade de utilizar vehículos de aluguer por parte dalgúns dos enfermos, e coa posibilidade de non ser atendido polo seu médico ou por un do seu Centro de Saude; o que implicará en moitos casos ter que volver ao seu médico ao día seguinte, como ocorre coas urxencias.

Igualmente e en tempos de pandemia, aumentaría o risco de contagios por concentración de usuarios das distintas partes do termo municipal.

Como dicimos esta será a primeira mobilización que se levará a cabo por esta situación, prevendo continuar con elas nos distintos centros e contemplando outras medidas de presión.

Tamén e como indicamos, contactaremos coa “Oficina da Valedora do Pobo”, para denunciar esta medida que segundo anunciou o Xerente da EOXI, débese a unha petición de persoal dos Centros de Saúde. Incrible, e quen contou co doente para isto? A esta concentración, convidamos a todos os colectivos cidadáns e sindicais de Lugo a manifestar a súa repulsa por esta alteración inxustificada no servizo. Se non é posible de forma presencial (por limitacións sanitarias) solicitamos mostren o seu apoio e compartan a reivindicación enviándonos o seu manifesto ou compartindo isto nas redes sociais.

Pedimos a todos, a máxima responsabilidade na asistencia ao acto, uso de máscaras e distancia mínima de 2 mts. entre os asistentes. Aproveitaremos as concentracións para denunciar igualmente a burla da xerencia da EOXI e do Sergas, por non querer implantar en Lugo a UNIDADE DE ICTUS -COMPLETA- (esta non é un neurólogo de garda), que vimos pedindo desde hai meses e néganse a implantala no HULA a pesar de que se diagnostican máis de 800 casos ao ano. O alarmante desta situación está a xerar ano tras ano importantes campañas preventivas en todo o mundo e igualmente na maior parte do noso país, o que non vemos en Galicia, onde a prevención e o tratamento vai á cola de España, sen que o Sergas trate de poñer remedios. Igual que a Ciruxía Robotizada que sequera responden á petición, a pesar de ser a primeira provincia e a primeira área de saúde que o solicitou en Galicia. Reclamaremos unha vez máis a liberalización do Aparcadoiro do Hula, porque entendemos non hai dereito en Lugo a que cobren polo seu uso, cando os terreos do HULA foron doados ao Sergas

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com