Mobilizacións no sector bancario polos recortes salariais

O vindeiro luns día 14 a Federación de Banca e Aforro da Confederación Intersindical Galega (CIG) realizará unha mobilización nacional de delegad@s en Lugo, de 11:30 a 12:30 horas, en defensa do emprego. A Central Sindical Nacionalista rexeita as pretensións da patronal do sector financeiro de aplicar recortes salariais nos convenios colectivos que se están a negociar, pretendendo mudar até un 30% do salario fixo en variable. Ademais denuncia que os bancos pretenden que ese 30% variable  estea ligado á colocación de produtos financeiros “que a clientela non . demanda”, segundo a Central Sindical. Estas mobilizacións fanse coincidir coa xuntanza da Mesa de Negociación que se está a celebrar en Madrid.

As concentracións realizaranse a partir das 11:30 horas. comezando pola oficina de Bankia, na rúa Armanyá, para deseguido trasladarse á do Banco Santander, na Praza de santo Domingo, Banco Pastor e BBVA na rúa da Raíña , Banco Sabadell-Gallego, na rúa Bispo Aguirre e para rematar na de ABANCA, na praza Maior.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com